RAMÓN LOUREIRO PRESENTARÁ NO CONCELLO DE MONDOÑEDO " PRINCIPES DE BRETAÑA, ESTRELAS DE COMPOSTELA"






O Salón de Sesións da Casa do Concello de Mondoñedo será escenario o mércores, día 10 de xuño, ás 19.00 horas, do acto de presentación do libro Príncipes de Bretaña, Estrelas de Compostela, editado por Biblos.

Trátase do último libro do escritor, xornalista e académico numerario da Real e Pontificia Academia de San Rosendo Ramón Loureiro, autor de títulos como As galeras de Normandía, novela calificada de obra maestra por voces da talla da de Miguel García-Posada, o presidente da Asociación de Críticos Literarios de España, e distribuida polo grupo Edaf (na súa tradución ao castelán, feita polo propio Loureiro) tanto en España como Latinoamérica.

Príncipes de Bretaña, Estrelas de Compostela, é un libro ilustrado polo debuxante Gonzalo Pernas, no que está presente Mondoñedo, cidade sempre moi vencellada ao imaxinario de Ramón Loureiro tanto por lazos persoais –á súa catedral e ao seu seminario a familia paterna do escritor está unida desde hai séculos- como literarios.

Trátase dun conto tanto para nenos como para adultos, no que ás portas dun novo Ano Santo Ramón Loureiro rende homenaxe ao mundo das peregrinacións, e no que Mondoñedo está presente como enclave especialmente significativo no Camiño do Norte, no que conduce a Compostela despois de pasar, entre outros lugares, pola Corte Real de Oviedo.

Na práctica totalidade dos libros de Ramón Loureiro (As novelas O corazón portugués e As galeras de Normandía, os relatos O peixe de pedra (ilustrado por Xaquín Marín), A oca de Leonardo (ilustrado tamén por Marín) e agora Príncipes de Bretaña, Estrelas de Compostela (ilustrado por Gonzalo Pernas) Mondoñedo está presente.

O acto do mércores estará presidido por Don Orlando González, señor alcalde da Moi Nobre e Leal Cidade de Mondoñedo.

A orde das intervencións será a seguinte:

Don Tucho Calvo, director literario de Biblios

Doña Esperanza Piñeiro de San Miguel, historiadora e experta na obra de Ramón Loureiro

Excelentísimo Señor Don Ramón Loureiro, da Real e Pontificia Academia de San Rosendo, autor de Príncipes de Bretaña, Estrelas de Compostela.

Don Orlando González, alcalde de Mondoñedo.