SAN MARTIÑO DE XUBIA EN NARÓN



SAN MARTIÑO DE XUBIA - NARÓN





A historia do convento e a congregación comenza no século IX baixo a influencia da monarquía asturian e finaliza no século XIX coa desamortacización e exclaustración promovida polo novo réximen liberal

No século XII fae a incorporación a orden de Cluny, posto que lle marcará tanto o seu mellor momento de desarrollo e explendor como de decadencia hacia o século XVI cando pasará a orden Benedectina e a depender do priorato da abadía de San Salvador de Lourenzá de Lugo.

A decandencia iniciada no séculño XIII depois da incorporación a orden de Cluny ten moito que ver coa pérdida do favor dos nobles e as donacións, ainda que moi lentamente, a pesar de que si foi incluido a orden de Cluny foi debido as intrigas entre os Condes de Traba, o arzobispado de Santiago ea mesma monarquía.

O convento foi dúplice, e decir con monxes e monxas, ata que no século XII o pontificado prohíbiu esa convivencia, polo que foi construido un novo edificio para as monxas ata que no século XVI mudaronse ao convento santiagués de Antealtares.

A iglesía construida no século XII ten restos prerromanicos, ea básilica dividida en tres naves, ca cabecera dividida en tres semicirculares. Os ábsides están abovedados ea nave está dividida por pilares con columnas pegadas.

A fachada actual foi añadida no século XVIII xunto con a torre do campanario.

O edificio contén unha importante riqueza escultórica nos capiteles no interior do templo, nos canecillos exteriores, no muro norte dos ábsidese e no conxunto funerarío do cabeleiro Rodrigo Esquío situado nunha nave lateral, ainda que orixinalmente estivo na capilla de San Miguel, pegada a iglesia e tristemente derrubada nos principios do século XX.


ACADEMIA AURIENSE MINDONIENSE DE SAN ROSENDO



A nova ou semi-recente Academia Auriense Mindoniense de San Rosendo, ten a súa sede no Monasterio de celanova en Ourense xunto co Palacio Episcopal de Mondoñedo.

Para ter máis información sobre a mesma Academia podedes consultar o seguente vínculo:



Imos a mostraros a lista dos pertenecentes a dita Academia, tanto os Patronos como os Academicos, para que conste como coñecimeto de todos os lectores a importanca dos integrantes, a seriedad eo futuro que ten a Academia patrocinada por San Rosedo:

LISTA DE LOS EXCMOS. SEÑORES ACADÉMICOS DE NÚMERO DE LA ACADEMIA AURIENSE MINDONIENSE DE SAN ROSENDO

PATRONOS:

EXCMO. Y RVDMO. SR. D. LUIS QUINTEIRO FIUZA, OBISPO DE OURENSE

EXCMO Y RVCMO. SR. MANUEL SANCHEZ MONGE, OBISPO DE MONDOÑEDO-FERROL

ACADEMICOS:

EXCMOS. SEÑORES Y SEÑORAS:

D. Julián BARRIO BARRIO, Arzobispo de Santiago de Compostela

D. José María DÍAZ FERNANDEZ, Canónigo Archivero de Santiago

Doña Pilar DE TORRES LUNA. Geógrafa. Universidad de Santiago

D. José Manuel GARCÍA IGLESIAS, Historiador del Arte. U. de Santiago

D. José Miguel ANDRADE CERNADAS, Historiador del Arte. Universidad de Santiago

D. Manuel CARRIEDO TEJEDO. Investigador medievalista. León

D. Juan M. MONTERROSO MONTERO. Historiador del Arte. U. de Santiago

D. Eduardo PARDO DE GUEVARA Y VALDÉS, Historiador. Instituto de Estudios Gallegos P. Sarmiento. Santiago

D. Domingo L. GONZÁLEZ LOPO. Historiador. Universidad de Santiago

Doña María Beatriz VAQUERO DÍAZ, Historiadora. Universidad de Vigo

D. Ramón YZQUIERDO PERRIN, Historiador del Arte. Universidad de La Coruña

D. Ramón PERNAS LOPEZ, Escritor y Periodista. Viveiro

D. Manuel RECUERO ASTRAY. Historiador. Universidad de La Coruña

D. Ramón LOUREIRO CALVO. Escritor y Periodista. Ferrol

D. Manuel GARCIA DE BUCIÑOS, Escultor. Ourense

D. Cesáreo IGLESIAS GRANDE. Párroco de San Rosendo de Celanova

D. Francisco SINGUL LORENZO. Historiador del Arte. Santiago de Compostela

D. Antonio PIÑEIRO FEIJOO, Periodista. Celanova. Ourense

D. Segundo L. PEREZ LÓPEZ, Canónigo de la Catedral. Mondoñedo

D. Miguel Ángel GONZÁLEZ GARCÍA. Canónigo Archivero de Ourense

D. Rubén LOIS GONZALEZ, Geógrafo. Universidad de Santiago

D. Francisco CARVALHO CORREIA, Historiador. Santo Tirso. Portugal

D. José Luis LÓPEZ SANGIL. Historiador medievalista. La Coruña

D. Francisco J. RODRÍGUEZ PÉREZ. Historiador. Universidad de Vigo.





PREMIO LORENZO BARJA




O Real Coro Toxos e Froles, presidido por Pedro Sanz, o 12 de septembro, no Teatro Jofre entregará o Premio lorenzo Barja ao Profesor Luis Alonso Girgado, investigador do Centro Ramón Piñeiro, dende o que fae unha boa labor editorial como por exemplo a recuperación en facsimil da publicación Aturuxo. revista que naciu da man de Miguel Carlos Vidal e de Mario Couceiro.







Presentamos unha pequena biografia do Premiado:



Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela (1968) e Catedrático de Ensino Medio de Lingua e Literatura Españolas, alterna a docencia coa crítica literaria. Na actualidade (1999) é secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, onde traballa na Sección de Literatura Galega. No xornalismo literario foi un dos fundadores do suplemento “El Correo Cultural” de El Correo Gallego e ten publicado artigos en numeros medios (La Voz de Galicia, Grial, Encrucillada, A Nosa Terra, Boletín Galego de Literatura, etc). Realizou diferentes estudios e edicións entre os que destacan Antre dous séculos (1990), de Xerardo Álvarez Limeses; Teatro galego (1993), de Ramón González Alegre; Á lus do candil (1993), de Ánxel Fole; Poesía galega completa (1994), de Luís Amado Carballo. En colaboración ten realizado edicións e estudios como D’o mar e d’a terra, de Francisco Mª de la Iglesia (1994), Ánxel Fole e Á lús do candil (1997), Poemas galegos, de Xoán Vidal Martínez (1998), Era un son de buguina, de Agustín González López (1998). Preparou e editou as antoloxías Rosalía de Castro na súa vida, nos seus versos (1986), Antoloxía do conto galego. Século XX (1989), O relato breve. Escolma dunha década (1980-1990) (1990) e as fotobiografías de Rosalía de Castro (1985), Valle-Inclán (1985) e Castelao (1986). Traduciu ó galego en colaboración con Xurxo Sierra Veloso, o poemario Os círculos do inferno (1997), do escritor canario Justo Jorge Padrón; e ó castelán o volume Rosalía de Castro, rosa de sombra (1994) e a peza teatral Saxo tenor, de Roberto Vidal Bolaño (1996). Dentro da súa actividade no Centro Ramón Piñeiro coordinou as edicións facsímiles das revistas literarias Aturuxo (1994), Alba (1995), Posío (1995), Gelmírez (1995), Posío. Arte y Letras (1996), Suplemento del Sábado de La Noche (1996), Resol (1997), Cristal (1998); Galiza (1999), La Alborada (1999), Cultura Gallega (1999). En castelán salientan as edicións Los dinosaurios y otros relatos (1993), de Gregorio Ortega; as antoloxías Antología de la poesía hispanoamericana. Siglo XX (1990), Cuentos populares (1993), así como o estudo Crónica de una muerte anunciada, de Gabriel García Márquez. Guía de lectura (1993).




HOMENAXEADOS NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS DENDE A SÚA CREACIÓN



Lista de todos os homenaxeados no día das Letras galegas dende a súa creación en 1963
ata o ano presente 2009, e tamén a mención a o que será homenaxeado no 2010


2010 - Uxío Novoneyra

2009 - Ramón Piñeiro López

2008 - Xosé María Álvarez Blázquez

2007 - María Mariño

2006 - Manuel Lugrís Freire

2005 - Lorenzo Varela

2004 - Xaquín Lorenzo Fernández

2003 - Avilés de Taramancos

2002 - Frei Martín Sarmiento

2001 - Eladio Rodríguez

2000 - Manuel Murguía

1999 - Roberto Blanco Torres

1998 - Poetas Medievais da ría de Vigo
(Martín Códax, Mendinho e Johan de Cangas)

1997 - Ánxel Fole

1996 - Xesús Ferro Couselo

1995 - Rafael Dieste

1994 - Luís Seoane

1993 - Eduardo Blanco Amor

1992 - Fermín Bouza Brey

1991 - Álvaro Cunqueiro Mora

1990 - Luís Pimentel

1989 - Celso Emilio Ferreiro

1988 - Ramón Otero Pedrayo

1987 - Francisca Herrera Garrido

1986 - Aquilino Iglesia Alvariño

1985 - Antón Losada Diéguez

1984 - Armando Cotarelo Valledor

1983 - Manuel Leiras Pulpeiro

1982 - Luís Amado Carballo

1981 - Vicente Martínez Risco

1980 - Alfonso X o Sabio1979 - Manuel Antonio

1978 - Antonio López Ferreiro

1977 - Antón Villar Ponte

1976 - Ramón Cabanillas Enríquez

1975 - Xoán Manuel Pintos Villar

1974 - Xoán Vicente Viqueira

1973 - Manuel Lago González

1972 - Valentín Lamas Carvajal

1971 - Gonzalo López Abente

1970 - Marcial Valladares Núñez

1969 - Antonio Noriega Varela

1968 - Florentino López Cuevillas

1967 - Manuel Curros Enríquez

1966 - Francisco Añón

1965 - Eduardo Pondal

1964 - Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

1963 - Rosalía de Castro


O PREMIO "MEDALLA DO REINO DE MERLÍN" 2009 FOI ENTREGADO A MERCEDES MONMANY




O sábado catro de Xullo, as doce da mañá, celebrouse a entrega do Premio "Medalla del Reino de Merlín" 2009, no salón de actos do centro cultural do Real Coro Toxos e Flores, o cal recaeu na escritora e documentalista Mercedes Monmany.


O acto presidido polo director de Toxos E Flores D. Pedro Sanz Sánchez, o Sr. Alcalde de Ferrol D. Vicente Irisarri, e a Concelleira de Cultura, contou tamén co Laudatio polo Catedrático D. José María Paz gago.






Acudiron ao mesmo moitos dos principais nomes da cultura de Ferrol e comarca, así coma da Coruña e de outras cidades.






Por concesión de D. Pedro Sanz deixamos a disposición dos lectores o discurso de apertura a tan meritorio premio.

PALABRAS DEL PRESIDENTE DEL REAL CORO TOXOS E FROLES EN LA ENTREGA DE LA MEDALLA DEL REINO DE MERLIN A MERCEDES MONMANY

4 DE JULIO DE 2009.


Ilmo.Sr.D. Vicente Irisarri, Alcalde de Ferrol; Excmo.Sr. D. Cesar A.Molina, Deputado pola Provincia no Congreso, Sra. Homenaxeada:
Miñas donas,meus señores:

Hoxe é para o Real Coro “Toxos e Froles” o decano dos coros históricos galegos unha oportunidade mais para mostrar o noso avencellamento coa Cultura, con Galicia e moi especialmente con esa terceira Bretaña, a Bretaña do Norte, a Bretaña de Torrente e Cunqueiro.

A miñas primeiras palabras deben ser obligatoriamente de saudo para todas e todos, para amosar a alegría da xunta directiva do Real Coro porque vostedes estén aquí na nosa casa, na súa casa, e sobor de todo para unha vez mais decir pubricamente que o Toxos está comprometido con Ferrol, coa cidade que o veu nacer alá polo ano 1914 , coa cidade que tanto se volcou con nós, nos bós e nos menos bós momentos de estos casi cen anos de vida.

Pero antes de falar, utilizar eso si poucas verbas, permítanme facer unha reflexión necesaria nesta casa onde o único que facemos e traballar por e para Galicia.

Neste mismo lugar xa fau dous anos e no momento da entrega do premio “Manuel Lorenzo Barja” concedido a Xosé Fontenla Leal, pronunciei un chamamento á Real Academia Galega. Estaba aquí presente o presidente e diversos membros da RAG que acudían a recoller a distinción otorgada a aquel ferrolán, Xosé Fontenla Leal, que desde Cuba traballou moito e ben por Galicia ,logrando entre outras cousas que o inicio de Real Academia chegase a bó termo; que o Himno Galego fora unha realidade e que os ferroláns residentes en Cuba fundasen a asociación “Ferrol y su comarca” coa que, unha vez máis o digo, a nosa cidade e a súa corporación municipal teñen contraida unha enorme débeda que debe pagarse polo menos coa concesión da medalla de prata, xa pedida polo Toxos pero que supoñemos pola burocracia vai o tema.. pasiño a pasiño.Nós confiamos no Sr. Irisarri e sabemos do seu interese.

Pois ben , o Toxos reclamou ante o señor Barreiro e os seus compañeiros de Corporación que o Dia das Letras Galegas do ano 2010 fora adicado ó noso paisano, a un galego universal, a Ricardo Carballo Calero. A resposta foi que recollían a petición.

O pasado ano ,unha vez mais nesta casa e en presencia do destacado membro de Real Academia ,don Xosé Luis Axeitos, volvín a reiterar a nosa petición que se sumaba á de varias asociacións de Ferrol, incluso a do Concello. As verbas de resposta foron moi agradables, incluso diría positivas para coa petición si ben dixo que eran tódolos académicos os que tiñan que dar os parabéns . Pensamos que precisamente o ano 2010, unha data moi familiar de Carballo Calero , sería por fin adicado ó noso paisano.

Agora ….con pena vemos que un ano mais a Real Academia sigue esquecendo a Don Ricardo.

Congratulémonos de que o Día das Letras Galegas se adique a Uxio Novoneira, porque o merece, como otros moitos ,pero…¿ata cando Ferrol vai ter que continuar reclamando e reclamando atención para as súas xentes?.

Xa ven, por un lado toxos, ….inda que nos quedan as froles. Toxos e froles das montañas do Caurel onde naceu Uxio, o amigo de Alberti, o pintor das verbas, que ó xuntalas convertíalas en poesía.

E desta primeira reflexión…a falar do premio, do reino de Merlín.

Merlín…un home difícil na Corte de Arturo? ¿O un home cargado coa vella retranca galega na corte de don Alvaro?.
O caso é que desde o Toxos concedímoslle,acordamos, que él ,Merlín, tivese o seu Reino, e que no seu nome , nós nomeáramos cabaleiros e cabaleiras. E…aquí estamos nesa empresa.E seguro que debe ser positiva porque o vello Mago non veu todavía a chamarnos a atención. É un personaxe moi comprensivo.

No mes de decembro do pasado ano, como todos os 23 de decembro, data moi cunqueiriana , reunímonos no seminario de Mondoñedo para conceder os premios do ano 2009. Entre eles as duas “Medallas do Reino de Merlín”que foron otorgadas ó profesor Dario Villanueva e a escritoria e ensaista Mercedes Monmany.

Non vou a decirlles os seus méritos, porque o xurado xa os tivo en conta. Soamente que houbo unanimidade e que os representantes dos concellos de Ferrol e Mondoñedo, da Diocesi e do Toxos estivemos en todo de acordo.

Dario Villanueva xa estivo con nós o 29 de maio, data da celebración da primeira actuación do noso coro ,no ano 1915, un ano despois da fundación.

Quedaba pendente a débeda da “Medalla” con Mercedes Monmany e..aqui estamos. Con unha enorme alegría que se fai maior ó estar entre nós Cesar Antonio Molina, pois xa é así a terceira vez que nos visita nesta sede ; e tamén con Xosé María Paz gago, con raices familiares en Ferrol ,xusto nesta rúa da Magdalena; un home que cando falei sobre a posibilidade de que fixese a laudatio da homenaxeada ..todo foi en él positivo, o que demostra o cariño, diría tamén admiración, que Xose María ten por Mercedes.

Da homenaxeada non vou decir verba algunha eso corresponde a don Xosé Maria, pero unicamente decirlle, estou seguro que en nome de tódolos membros da nosa entidade que….. dona Mercedes….ten un nome precioso, desde logo moi unido á terra onde naceu. Sepa que nós recordamos nese nome o moito que polo Toxos fixeron os frades da Merced, cando non tíñamos nin sede apropiada para os ensayos.Eles cedíannos as súas instalacións,e penso que gracias a eles o Toxos mantívose en pé. E… mire…nós xa de maneira tradicional, todolos anos, ó remate da procesión da Virxe Branca, da Virxe da Mercé, na noitiña do mércores santo, acudimos cos nosos bailaríns e danzan ante a imaxe antes de que a retiren a capela, e non falta unha fermosa canción, en galego, por parte dos homes e mulleres do noso coro…a Maria da Mercede….
Por eso o seu nome queda por sempre grabado en nós.

Moitas gracias por aceptar este pequeniño recordo pero que leva nél o noso cariño, a nosa entrega e a nosa unión por sempre.

Miñas queridas e queridos amigos, moitas gracias tamén a vostedes por acompañarnos, por estar con nós ,e recorden que o vello Merlín seguirá , estou seguro, protexéndonos, sobre todo protexendo a aquelas e aqueles que levan con moito orgullo a súa Medalla.

Por sempre…moitas gracias.


Pedro Sanz







12º CURSO DE PENSAMENTO CARLOS GURMÉNDEZ




12º CURSO DE PENSAMENTO CARLOS GURMÉNDEZ
A GUERRA CIVIL
O DIFÍCIL EXERCICIO DE RECONSTRUÍLA


Pontedeume, 21, 22 e 23 de Xullo de 2009


PAZ, PIEDAD, PERDÓN
Manuel Azaña,
18 de Xullo de 1938


Os vindeiros días deste mes de Xullo, en Pontedeume, impártirase o curso que títulamos; o mesmo estará acompañado dunha Exposición de carteis da Guerra Civil e dun Documental sonoro e gráfico sobre a Guerra Civil en Pontedeume.

Os directores do curso son María Antonia Pérez Rodríguez, profesora Titular de Documentación da UDC, e Xosé María Dobarro Paz, Catedrático da F. Galega e Portuguesa da UDC. O Comité de Coordinación está composto por Esperanza Piñeiro de San Miguel, Catedrática de Historia da IES, e Luis Mera Naveiras, Secetario del Club de Prensa. Así mesmo o Comité Científico contará cos Prof. Dr. Xosé Luis Axeitos, Luis Barral, Rosa María de Cal y Cortina Y José Antonio Ponte Far.

O número de relatores e o título das ponencias e moi amplo, polo que todo aquel que desexe ter máis información sobre os mesmos e sobre o curso, ademaís da inscripción e solicitude de bolsa poden poñerse en contacto co Club de Prensa de Ferrol, Apartado 283, 15480 Ferrol. Tamén no Tel. 696 490 048 e no enderezo eletrónico info@clubdeprensadeferrol.com.

Outra forma de contacto é dirixirse a Oficina de Cursos e Congresos da UDC. www.udc.e/congresos.pi/ Tel. 981 167 000 (extensión 2388).

Tamén no Concello de Pontedeume, no Departamento de Cultura.


O HIMNO GALEGO




O Himno Galego cumpre cen anos.

Sendo a letra do Poeta Eduardo Pondal, a Música foi creada para o mesmo por Pascual Veiga.

A continuación lles deixamos a letra do Himno Galego para que todos podades lembrala, e por que non? apréndela quen non a sepa.


¿ Qué din os rumurosos
na costa verdescente
ao raio trasparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e feridos e duros,
inbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.


SE ENTREGARÁ O PREMIO "MEDALLA DO REINO DE MERLIN" 2009 O 4 DE XULLO NO LOCAL CULTURAL DO REAL TOXOS E FROLES DE FERROL





O sábado, Día 4 de Xullo, ás 12h. no centro Cultural do Real Coro Toxos e Flores, terá lugar a entrega do Premio "Medalla do Reino de Merlín" 2009.

Ista vez o premio é concedido a Mercedes Monmany, escritora e ensaista, contando con que a laudatio estará a cargo de D. José María Paz Gago, profesor da Universidade da Coruña.



O acto contará coa asistencia de importantes nomes da cultura galega e tamén coa asistencia do ex- ministro César Antonio Molina.