PREMIO LORENZO BARJA




O Real Coro Toxos e Froles, presidido por Pedro Sanz, o 12 de septembro, no Teatro Jofre entregará o Premio lorenzo Barja ao Profesor Luis Alonso Girgado, investigador do Centro Ramón Piñeiro, dende o que fae unha boa labor editorial como por exemplo a recuperación en facsimil da publicación Aturuxo. revista que naciu da man de Miguel Carlos Vidal e de Mario Couceiro.







Presentamos unha pequena biografia do Premiado:



Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela (1968) e Catedrático de Ensino Medio de Lingua e Literatura Españolas, alterna a docencia coa crítica literaria. Na actualidade (1999) é secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, onde traballa na Sección de Literatura Galega. No xornalismo literario foi un dos fundadores do suplemento “El Correo Cultural” de El Correo Gallego e ten publicado artigos en numeros medios (La Voz de Galicia, Grial, Encrucillada, A Nosa Terra, Boletín Galego de Literatura, etc). Realizou diferentes estudios e edicións entre os que destacan Antre dous séculos (1990), de Xerardo Álvarez Limeses; Teatro galego (1993), de Ramón González Alegre; Á lus do candil (1993), de Ánxel Fole; Poesía galega completa (1994), de Luís Amado Carballo. En colaboración ten realizado edicións e estudios como D’o mar e d’a terra, de Francisco Mª de la Iglesia (1994), Ánxel Fole e Á lús do candil (1997), Poemas galegos, de Xoán Vidal Martínez (1998), Era un son de buguina, de Agustín González López (1998). Preparou e editou as antoloxías Rosalía de Castro na súa vida, nos seus versos (1986), Antoloxía do conto galego. Século XX (1989), O relato breve. Escolma dunha década (1980-1990) (1990) e as fotobiografías de Rosalía de Castro (1985), Valle-Inclán (1985) e Castelao (1986). Traduciu ó galego en colaboración con Xurxo Sierra Veloso, o poemario Os círculos do inferno (1997), do escritor canario Justo Jorge Padrón; e ó castelán o volume Rosalía de Castro, rosa de sombra (1994) e a peza teatral Saxo tenor, de Roberto Vidal Bolaño (1996). Dentro da súa actividade no Centro Ramón Piñeiro coordinou as edicións facsímiles das revistas literarias Aturuxo (1994), Alba (1995), Posío (1995), Gelmírez (1995), Posío. Arte y Letras (1996), Suplemento del Sábado de La Noche (1996), Resol (1997), Cristal (1998); Galiza (1999), La Alborada (1999), Cultura Gallega (1999). En castelán salientan as edicións Los dinosaurios y otros relatos (1993), de Gregorio Ortega; as antoloxías Antología de la poesía hispanoamericana. Siglo XX (1990), Cuentos populares (1993), así como o estudo Crónica de una muerte anunciada, de Gabriel García Márquez. Guía de lectura (1993).