O PREMIO "MEDALLA DO REINO DE MERLÍN" 2009 FOI ENTREGADO A MERCEDES MONMANY




O sábado catro de Xullo, as doce da mañá, celebrouse a entrega do Premio "Medalla del Reino de Merlín" 2009, no salón de actos do centro cultural do Real Coro Toxos e Flores, o cal recaeu na escritora e documentalista Mercedes Monmany.


O acto presidido polo director de Toxos E Flores D. Pedro Sanz Sánchez, o Sr. Alcalde de Ferrol D. Vicente Irisarri, e a Concelleira de Cultura, contou tamén co Laudatio polo Catedrático D. José María Paz gago.






Acudiron ao mesmo moitos dos principais nomes da cultura de Ferrol e comarca, así coma da Coruña e de outras cidades.






Por concesión de D. Pedro Sanz deixamos a disposición dos lectores o discurso de apertura a tan meritorio premio.

PALABRAS DEL PRESIDENTE DEL REAL CORO TOXOS E FROLES EN LA ENTREGA DE LA MEDALLA DEL REINO DE MERLIN A MERCEDES MONMANY

4 DE JULIO DE 2009.


Ilmo.Sr.D. Vicente Irisarri, Alcalde de Ferrol; Excmo.Sr. D. Cesar A.Molina, Deputado pola Provincia no Congreso, Sra. Homenaxeada:
Miñas donas,meus señores:

Hoxe é para o Real Coro “Toxos e Froles” o decano dos coros históricos galegos unha oportunidade mais para mostrar o noso avencellamento coa Cultura, con Galicia e moi especialmente con esa terceira Bretaña, a Bretaña do Norte, a Bretaña de Torrente e Cunqueiro.

A miñas primeiras palabras deben ser obligatoriamente de saudo para todas e todos, para amosar a alegría da xunta directiva do Real Coro porque vostedes estén aquí na nosa casa, na súa casa, e sobor de todo para unha vez mais decir pubricamente que o Toxos está comprometido con Ferrol, coa cidade que o veu nacer alá polo ano 1914 , coa cidade que tanto se volcou con nós, nos bós e nos menos bós momentos de estos casi cen anos de vida.

Pero antes de falar, utilizar eso si poucas verbas, permítanme facer unha reflexión necesaria nesta casa onde o único que facemos e traballar por e para Galicia.

Neste mismo lugar xa fau dous anos e no momento da entrega do premio “Manuel Lorenzo Barja” concedido a Xosé Fontenla Leal, pronunciei un chamamento á Real Academia Galega. Estaba aquí presente o presidente e diversos membros da RAG que acudían a recoller a distinción otorgada a aquel ferrolán, Xosé Fontenla Leal, que desde Cuba traballou moito e ben por Galicia ,logrando entre outras cousas que o inicio de Real Academia chegase a bó termo; que o Himno Galego fora unha realidade e que os ferroláns residentes en Cuba fundasen a asociación “Ferrol y su comarca” coa que, unha vez máis o digo, a nosa cidade e a súa corporación municipal teñen contraida unha enorme débeda que debe pagarse polo menos coa concesión da medalla de prata, xa pedida polo Toxos pero que supoñemos pola burocracia vai o tema.. pasiño a pasiño.Nós confiamos no Sr. Irisarri e sabemos do seu interese.

Pois ben , o Toxos reclamou ante o señor Barreiro e os seus compañeiros de Corporación que o Dia das Letras Galegas do ano 2010 fora adicado ó noso paisano, a un galego universal, a Ricardo Carballo Calero. A resposta foi que recollían a petición.

O pasado ano ,unha vez mais nesta casa e en presencia do destacado membro de Real Academia ,don Xosé Luis Axeitos, volvín a reiterar a nosa petición que se sumaba á de varias asociacións de Ferrol, incluso a do Concello. As verbas de resposta foron moi agradables, incluso diría positivas para coa petición si ben dixo que eran tódolos académicos os que tiñan que dar os parabéns . Pensamos que precisamente o ano 2010, unha data moi familiar de Carballo Calero , sería por fin adicado ó noso paisano.

Agora ….con pena vemos que un ano mais a Real Academia sigue esquecendo a Don Ricardo.

Congratulémonos de que o Día das Letras Galegas se adique a Uxio Novoneira, porque o merece, como otros moitos ,pero…¿ata cando Ferrol vai ter que continuar reclamando e reclamando atención para as súas xentes?.

Xa ven, por un lado toxos, ….inda que nos quedan as froles. Toxos e froles das montañas do Caurel onde naceu Uxio, o amigo de Alberti, o pintor das verbas, que ó xuntalas convertíalas en poesía.

E desta primeira reflexión…a falar do premio, do reino de Merlín.

Merlín…un home difícil na Corte de Arturo? ¿O un home cargado coa vella retranca galega na corte de don Alvaro?.
O caso é que desde o Toxos concedímoslle,acordamos, que él ,Merlín, tivese o seu Reino, e que no seu nome , nós nomeáramos cabaleiros e cabaleiras. E…aquí estamos nesa empresa.E seguro que debe ser positiva porque o vello Mago non veu todavía a chamarnos a atención. É un personaxe moi comprensivo.

No mes de decembro do pasado ano, como todos os 23 de decembro, data moi cunqueiriana , reunímonos no seminario de Mondoñedo para conceder os premios do ano 2009. Entre eles as duas “Medallas do Reino de Merlín”que foron otorgadas ó profesor Dario Villanueva e a escritoria e ensaista Mercedes Monmany.

Non vou a decirlles os seus méritos, porque o xurado xa os tivo en conta. Soamente que houbo unanimidade e que os representantes dos concellos de Ferrol e Mondoñedo, da Diocesi e do Toxos estivemos en todo de acordo.

Dario Villanueva xa estivo con nós o 29 de maio, data da celebración da primeira actuación do noso coro ,no ano 1915, un ano despois da fundación.

Quedaba pendente a débeda da “Medalla” con Mercedes Monmany e..aqui estamos. Con unha enorme alegría que se fai maior ó estar entre nós Cesar Antonio Molina, pois xa é así a terceira vez que nos visita nesta sede ; e tamén con Xosé María Paz gago, con raices familiares en Ferrol ,xusto nesta rúa da Magdalena; un home que cando falei sobre a posibilidade de que fixese a laudatio da homenaxeada ..todo foi en él positivo, o que demostra o cariño, diría tamén admiración, que Xose María ten por Mercedes.

Da homenaxeada non vou decir verba algunha eso corresponde a don Xosé Maria, pero unicamente decirlle, estou seguro que en nome de tódolos membros da nosa entidade que….. dona Mercedes….ten un nome precioso, desde logo moi unido á terra onde naceu. Sepa que nós recordamos nese nome o moito que polo Toxos fixeron os frades da Merced, cando non tíñamos nin sede apropiada para os ensayos.Eles cedíannos as súas instalacións,e penso que gracias a eles o Toxos mantívose en pé. E… mire…nós xa de maneira tradicional, todolos anos, ó remate da procesión da Virxe Branca, da Virxe da Mercé, na noitiña do mércores santo, acudimos cos nosos bailaríns e danzan ante a imaxe antes de que a retiren a capela, e non falta unha fermosa canción, en galego, por parte dos homes e mulleres do noso coro…a Maria da Mercede….
Por eso o seu nome queda por sempre grabado en nós.

Moitas gracias por aceptar este pequeniño recordo pero que leva nél o noso cariño, a nosa entrega e a nosa unión por sempre.

Miñas queridas e queridos amigos, moitas gracias tamén a vostedes por acompañarnos, por estar con nós ,e recorden que o vello Merlín seguirá , estou seguro, protexéndonos, sobre todo protexendo a aquelas e aqueles que levan con moito orgullo a súa Medalla.

Por sempre…moitas gracias.


Pedro Sanz