O HIMNO GALEGO




O Himno Galego cumpre cen anos.

Sendo a letra do Poeta Eduardo Pondal, a Música foi creada para o mesmo por Pascual Veiga.

A continuación lles deixamos a letra do Himno Galego para que todos podades lembrala, e por que non? apréndela quen non a sepa.


¿ Qué din os rumurosos
na costa verdescente
ao raio trasparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e feridos e duros,
inbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.