12º CURSO DE PENSAMENTO CARLOS GURMÉNDEZ




12º CURSO DE PENSAMENTO CARLOS GURMÉNDEZ
A GUERRA CIVIL
O DIFÍCIL EXERCICIO DE RECONSTRUÍLA


Pontedeume, 21, 22 e 23 de Xullo de 2009


PAZ, PIEDAD, PERDÓN
Manuel Azaña,
18 de Xullo de 1938


Os vindeiros días deste mes de Xullo, en Pontedeume, impártirase o curso que títulamos; o mesmo estará acompañado dunha Exposición de carteis da Guerra Civil e dun Documental sonoro e gráfico sobre a Guerra Civil en Pontedeume.

Os directores do curso son María Antonia Pérez Rodríguez, profesora Titular de Documentación da UDC, e Xosé María Dobarro Paz, Catedrático da F. Galega e Portuguesa da UDC. O Comité de Coordinación está composto por Esperanza Piñeiro de San Miguel, Catedrática de Historia da IES, e Luis Mera Naveiras, Secetario del Club de Prensa. Así mesmo o Comité Científico contará cos Prof. Dr. Xosé Luis Axeitos, Luis Barral, Rosa María de Cal y Cortina Y José Antonio Ponte Far.

O número de relatores e o título das ponencias e moi amplo, polo que todo aquel que desexe ter máis información sobre os mesmos e sobre o curso, ademaís da inscripción e solicitude de bolsa poden poñerse en contacto co Club de Prensa de Ferrol, Apartado 283, 15480 Ferrol. Tamén no Tel. 696 490 048 e no enderezo eletrónico info@clubdeprensadeferrol.com.

Outra forma de contacto é dirixirse a Oficina de Cursos e Congresos da UDC. www.udc.e/congresos.pi/ Tel. 981 167 000 (extensión 2388).

Tamén no Concello de Pontedeume, no Departamento de Cultura.