"ARDE LUCUS" CHEGOU NOVAMENTE A CIDADE DE LUGO NESTE 2009




Os días 26, 27 e 28 de Xuño o Arde Lucos exténdeuse pola cidade de Lugo, e xunto con el, milleiros de persoas día e noite tomaron literalmente as rúas do centro , dentro de murallas e resto da cidade, celebrando dunha maneira totalmente lúdica a historia de máis de dos mil anos.


Durante os tres dias da festa espectacular celebráronse centos de actividades, unhas organizadas polo Concello, outras polas asociacións, e outras pola ciudadania.

Foi unha delicia, non soio do ambiente rueril, e da feria, con todo tipo de productos artesáns e de alimentación, tamén as actuacións dos desfiles románs, as bodas celtas, as carreras de bigas, fogos artificiais, bodas románs, rituales máxicos, malabarismos, zancudos, bandas musicais, obradoiros, tiro con arco, paseos e desfiles de cabalos, gregos, celtas, venda de escrabos, detención de ladróns, etc...



A xente cada ano que pasa participa máis dunha maneira activa asistindo a festa vestidos con ropaxes da época creando así un ambente máis real e máis doado tanto polo día como pola noite.

Tamén é certo que cada ano vemos máis xentes do resto de galiza e de españa.

Dende logo é unha das festas mellores de todo o país e tamén das que seguen en expansión, ofrecéndonos cada ano novas e sorpresas.

Os deixamos fotos da portada do programa e tamén unha serie de fotos do ambente par que os que non fuchedes os fagades unha idea do que foi Arde lucus 2009





<>