NO SEMINARIO DE SANTA CATALINA EN MONDOÑEDO PRESÉNTOUSE O Nº 205 DA REVISTA AMENCER DEDICADA AO POETA AQUILINO IGLESIAS ALVARIÑO



O Real Seminario Mindoniense de Santa Catalina, prensentou o dia 10 deste mes, as oito da tarde, cunha masiva afluencia de xente, participando e disfrutando do acto, o nº 205 da revista Amencer, dedicada nesta ocasión ao poeta Aquilino Iglesias Alvariño.


Neste número monografico dedicado a Iglesias Alvariño recollese a biografia do poeta, unha selección dos seus poemas, artigos en colaboración de varios autores galegos, como pode ser Manoel Anllo Cabana, Francisco Fernández del riego, Manuel Regal Rego, Alfonso Blanco Torrado o Xosé Antón Miguelez.


Algúns destes autores tivero coñecicimento e amistade directa co Poeta Aquilo Iglesias como é o caso de Anllo Cabana, o Fernández del riego que compartiu tertulias con el na Barbería do pallarego.


O número 2005 de Amencer presentouse dunha maneira mui especial baixo a responsabilidade de Félix Villares, tendo en conta que a revista se fae ca participación do alumnado e os profesores do centro relixioso de Mondoñedo.


Na mesa de presentación estivo, entre outros, o novo director da revista Amencer, asi como D. Félix Villares o tamén o Alcalde de Mondoñedo D. Orlando Fernández.

No acto participaron alumnos do centro recitando Poemas e tamén o grupo rexional Aires do Padornelo.