HOMENAXEADO O MAGO MERLIN POLO MOVEMENTO CULTURAL AO CARÓN DA LAREIRA NA SÚA CASA LIBRERIA - MUSEO EN MONDOÑEDO




As 12:00h da maña do día 30 de maio, en Mondoñedo, Ao carón da lareira, fixo un homenaxe ao Mago Merlín, (Manolito Montero para os amigos), personaxe peculiar que ten os seus orixenes en "Merlín e Familia" de Álvaro Cunqueiro, e ten continuación en outras obras literarias como por exemplo en "O corazón portugués" de Ramón Loureiro.





Merlín, moi vinculado a Ferrol, tamén ao Real Coro Toxos e Froles, a cultural da Galiza do Norte, mantén unha Casa Museo, peculiar e cheo de multiude de antiguedades de diferentes orixenes, como pode ser o relixioso; ten outro Museo de ceramica orixinaria de 1800 para adiante, e o seu primer Museo establecido na mesma libreria que rexentou unha vez que foi cerrada pola súa xubilación.



No homenaxe se lle entregou ao Mago Merlín un diploma honorifico pola sua traxectoria profesional e meritoria de xa máis de 50 anos; tamén contou cunha ofrenda dunha fotógrafia emblematica do recente homenaxe que se lle fixo cando cumpliu o 50 aniversario de apertura da libreria que rexentou ata seu retiro, a libreria Montero. Ambas entregas , humildes e sinceras, foron aportadas polo movemento cultural Ao carón da lareira, presidido por Fernan Ponte e Tito Saavedra.


Asi mesmo se lle entregou un homenaxe especial aportado polo artista Ferrolano Anxo Álvarez, avogado, escultor, fotografo, pintor, articulista, que non pudo asistir por causas persoais que lle mantiveron ausente da entrega da súa obra: unha fotógrafia do Mago Merlín e un dibuxo representativo do mundo máxico e idealista do propio Merlín cotidián e mindoniense.



Entre os fotógrafos contouse ca Ilustrisima e honrrosa presenza de Ramón Loureiro.

Asi mesmo a asistencia institucional do Concello de Mondoñedo, polo Ilustrisimo alcalde D. Orlando Gónzalez, que ca súa presencia, bon caracter e simpatía, permitiu que o acto tomara un carisma importantisimo para o recoñecemento da figura máxica-cultural de Merlín, o eterno mago da Galiza do Norte residindo en Mondoñedo, ciudade protexida por San Rosendo, irmandada con Ferrol, e cuna de ilustres escritores como Manuel Leiras Pulpeiro, autor de "Cantares Gallegos", ou Álvaro Cunqueiro con su xa mencionada obra, entre moitas outras, "Merlín e Familia"



Por último temos que agradecer a boa disposición do concello ao tomar medidas prácticas e necesarias para o bón desenvolvemento do acto, como por exemplo o corte do trafico na rúa onde se celebraba o homenaxe e estaba prevista a visita e inauguración da Casa Múseo de Merlín.