"POSTALES DE HUMO" DO POETA JUAN CARLOS VALLE "KARLOTTI" FOI PRESENTADO NO AUDITORIO DO CARBALLO CALERO


Onte, no Carballo Calero de Ferrol, as oito da tarde, foi presentado o libro de poesía "Postales de Humo" de Juan Carlos Valle, máis coñecido por "Karlotti".




O libro editado pola Asociación Cultural Fuco Buxán, foi presentado co respaldo da mesma asociación, facéndose un elocuente recital poético de algúns dos poemas do libro.

Con moita afluencia de xente, tanto da asociación, como do mundo cultural e público ferrolano, temos que reseñar que poucas veces asistimos a unha presentación tan animosa, e ademaís a unha mostra de recitaxe tan fermosa.

Karlotti xa había publicado con anterioridade outro libro poético: "Todos los jueves salvo la luna", ainda que o autor en nome das súas propias palabras non é moi aficionado ás publicacións, e como el mesmo dice escribe poemas, non libros.

Desta vez foi a propia Asociación Cultural Fuco Buxán quen animou a publicación do libro.


Deixamos postas unhas fotos do público e da presentación do acto.