O LIBRO "PRINCIPES DE BRETAÑA, ESTRELAS DE COMPOSTELA" FOI PRESENTADO NO CONCELLO DE MONDOÑEDO



O Ilustre D. Ramón Loureiro presentou o pasado mércores, día dez, as sete da tarde no salón de plenos do Concello de Mondoñedo o seu derradeiro libro"Principes de Bretaña, Estrelas de Compostela".

O libro editado por Biblos está ilustrado por Gonzalo Pernas, fillo do escritor viveirense e director do Ámbito Cultural do Corte Ingles, Ramón Pernas.

Ainda que aparentemente pode parecer un libro pensado e editado para os nenos, tamén e un conto, unha lembranza, de unha profundidade e reflexión importante para os adultos, polo que a pesar da súa recente edición está tendo unha magnifica acollida entre o público adulto, e os lectores habituais de Ramón Loureiro, autor por certo de obras tan importantes como Morgado, O corazón Portugués e a súa obra mestre editada en galego, e agora en castelán, e ademaís internacionalmente, As galeras de Normandía.


No acto estivo presente o director literario de Biblos, Tucho Calvo; o Alcalde de Mondoñedo D. Orlando González, outros membros da corporación mindoniense, e como ponente da presentación a asistencia especial Dña. Esperanza Piñeiro de San Miguel, importantisima e prólifera escritora de Ferrol, xunto co seu marido Andrés Gómez.





Entre os asistentes contouse coa presencia de importantes figuras do mundo literario, a figura do Mago Merlín, así como membros do movemento cultural Ao carón da lareira, persoas desplazadas de Ferrol e tamén da cidade de Lugo, ademaís dos propios mindonienses que acudiron ao acto.

Ramón Loureiro falóunos agarimosas verbas de como o libro rinde culto e homenaxe ao mundo das peregrinacións, aos camiños que conducen a Compostela, ao Apostol, e a esa Galiza do Norte que inclue a San Andrés de Teixido, a Ferrrol, e tamén os territorios vitales do mundo imaxinario e literario do autor.