UXÍO NOVONEYRA FOI O ESCOLLIDO PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2010



A Real Academia Galega daba a coñocer este sábado que o poeta escollido para o Día das Letras Galegas 2010 é Uxío Novoneyra o poeta do Courel.

Uxío Novoneyra naceu en Parada de Moreda, Courel, en 1930, foi fillo dunha familia de labregos polo que esa terra será o principal referente para os seus versos.

No ano 1955 deu ao prelo “Os eidos”, poemario con que comeza un ciclo poético que retomará con “Os eidos 2. Letanía de Galicia e outros poemas” (1974). No ano 1983 afíncase definitivamente en Santiago, cidade desde a cal exerceu como presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, até a súa morte no ano 1999.

Publica “Poemas caligráficos” en 1979, nunha edición prologada e ilustrada por Reimundo Patiño.

Xa na segunda metade desa década comeza cunha recompilación temática da súa produción poética completa. Así, en “Muller pra lonxe” (1987), reuniu os poemas paixonais e amorosos, e dous anos máis tarde, en “Do Courel a Compostela 1956-1986″, os de temática política, que irán acompañados dunha antoloxía crítica. En 1994, logo de varios anos de silencio editorial, editou “Poemas de doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras”. En 1998 publicou “Betanzos: Poema dos Caneiros” e “Estampas”

.