MOVEMENTO CULTURAL DE XENTES QUE MANTEÑEN ASISTENCIA, PARTICIPACIÓN E TAMÉN A ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS, DE DIVERSO ÍNDOLE, NA GALIZA DO NORTE
CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO TEATRO JOFRE DE FERROL
.jpg)
Vimos de asistir no teatro Jofre ao acto ciudadán, respaldado polo Concello de Ferrol, e que celebrouse como motivo do Día das Letras Galegas e a elección deste ano de Ramón Piñeiro.
No programa figuraba entre outras cousas a posta en escena, dunha forza profunda, da danza de Cristina Montero, e a actuación musical de Roger de Flor, deleitándonos o canta-autor con tres temas do seu derradeiro traballo.
De Ramón Piñeiro fixo unha escueta semblanza, máis non por elo deixou de ser amplamente instructiva, Carlos Fernández, autor de " O vento do espiritu. De Vicente Risco a Ramón Piñeiro".
No elenco do programa figuraba a proxección do corto cinematógrafico de Rubén Coca, corto que foi premiado na VII edición Mestre Mateo, e que se proxectaba por primeira vez na ciudade de Ferrol, cuna do director. O corto evicencia a cálidade profesional que xa dispón Rubén, e é unha mostra do que seguro chegará a ser a súa carrera cinematógrafica.
Contáronse con outras intervencións sociales e politicas como a do representante das Asociacións Veciñais Xosé Miguel López, a da Coordinadora de Equipas da Normalización Lingüistica Xosé Manuel Pazo, asi como de Mercedes Carvajales, Manuel Santiago e por suposto a do Alcalde do Concello de Ferrol Vicente Irisarri.
Non desexamos esquecer de nomear a magnífica presentación, con seu particular humor e personalidade, do xa reconocido artista Eduardo Hermida, compoñente de "Los fabulosos cubatas de focking brothers".
O peche do programa, moi emotivo para todos os asistentes, foe a interpretación do himno galego polo alumnado do Conservatorio de Música Xan Viaño.