RAMÓN LOUREIRO NO CIRCULO MERCANTIL DE FENE INVITADO PARA FALAR POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS






Hoxe o escritor Ramón Loureiro no Circulo Mercantil de Fene, as 8 da tarde, impartiu unha conferencencia, dentro do programa adicado ao Día das Letras Galegas, na que falou sobre a vida e as experiencias de Ramón Piñeiro, o escritor e fundador da editorial Galaxia nos anos 60, aquén está dedicado o honor de este año como referente especial da nosa terra e da nosa lingua.


Ramon Loureiro, moi emotivo, falounos entre outras cousas da experiencia, relación e amistade que mantiña o tamén finado Carlos Casares con Ramón Piñeiro, sendo Casares amigo intimo, e como un pae para Loureiro.







Nunha parte da ponencia Ramón Loureiro falounos do traballo de Ramón Piñeiro "A saudade en Rosalía", que viu a luz por vez primeira no ano 1952. Loureiro facendo referencia a un artigo publicado por el mesmo, o sábado 16, é decir onte, en La voz de Galicia, mencionando en verbas de Ramón Piñeiro "a débeda inmensan que Galicia ten con Rosalía" expuso como Piñeiro, autor de "Filosofía da saudade", expoñia a Rosalía como a primeira das voces incuestionablemente universais xurdidas da comunidade galega.





A afluencia do publico foi moita, e contou ca asistencia de algunhas voces e letras da cultura galega.

Nos queremos finalizar esta nota informativa da nosa asistencia co lema que a Editorial Galaxia publicou na súa publicidade, para as Letras Galegas 2009, con verbas escollidas de Ramón Piñeiro:

"A lingua vén ser a alma viva do pobo que a fala, a súa comunidade esencial"