ENTREGADO O PREMIO LETRAS DE BRETAÑA 2008 NO CONCELLO DE FERROL


O día 29, as once da mañá, no Pazo de Ferrol, o Alcalde D. Vicente Irisarri presidiu a entrega do Premio Letras de Bretaña ao escritor, novelista, guionista, xornalista e crítico literario, D. Ramón Pernas, por destacar a importancia da Galicia do Norte e o mundo Cunqueriano.

D. Ramón Loureiro, xornalista e escritor, tamén premiado na segunda edición, tomou o testigo no turno de intervencións para realizar unha laudatio do premiado Letras de Bretaña 2008 Ramón Pernas, que ven a ser o galardonado na quinta edición, dende que se creou o Premio Letras de Bretaña.


Unha intervención na que achegaba a súa visión sobre a obra e personalidade de Pernas, e do que destacou a súa valía no aspecto profesional, o situaba como unha das figuras centrais da narrativa en lingua española e apuntaba que a singularidade da súa escritura de ficción reside na luz. “Unha luz azul da que Cunqueiro pinta o mundo cando o envolve a melancolía, facendo que Merlín cambie todo o que se ve”, para engadir a continuación que é a luz que “invariablemente nos envolve cando imos cara a Mondoñedo e pasamos polo alto da Xesta; e tamén é, en tempo de nubes, a luz de moitos solpores de Ferrol”.


O Premio Letras de Bretaña é un galardón promovido polo Real Coro Toxos e Froles, presidido por Pedro Sanz, en colaboración co concello de Ferrol e o concello de Mondoñedo.

No acto tamén se facía entrega das mencións de honra do Reino de Merlín á escritora e profesora Doña Esperanza Piñeiro de San Miguel, e á Asociación “Amigos da cidade de Mondoñedo”, que recollía en nome da entidade o seu presidente D. José Ruiz Leivas.

Outro dos galardóns concedidos foi a medalla do Reino que recaiu en D. Darío Villanueva, Catedratico y ex-rector da Universidade de Compostela entre os anos 1994 e 2002.


O presidente do Toxos e Froles, Pedro Sanz, recordounos que en esa mesma data, facía 94 anos, actúaba por primeira vez no Teatro Jofre O Real Coro Toxos e Froles, comezando asi a xa casi centenaria andadura.