EXPOSICIÓN E PROXECCIÓN AUDIOVISUAL DO FOTÓGRAFO ELOY TABOADA NA FUNDACIÓN CAIXA GALICIA DE FERROL












O fotógrafo Eloy Taboada ten a ter unha exposición fotógrafica: "Éufrates:un río de Historias" na sede da Fundación Caixa Galicia dende o día 2 de abril ao 31 de maio. Na actualidade é o fotógrafo das expedicións arqueolóxicas que fae a Universidade da Coruña en Siria.

Xunto con esta exposicíon hay todo un programa organizado, que podedes ver e coller na sede da Fundación.



Eloy Taboada, xunto con Juan Luis Montero Fenollós, presentaron, dentro do programa, o martes, 12 de maio, as 20:00h. unha proxección audiovisual, referente as expedicións arqueolóxicas a Siria, e Pertenecentes ao seu estudio 108. A proxección foi de acceso libre, deleitándonos tanto a presentación do director do proxecto arqueolóxico Medio Éufrates Sirio, Juan Luis Montero, polas súas palabras, sempre entretidas e moi informativas, sobre os avances da investigación, como pola proxección en si.

Chea de vocación e bon hacer que ten todo o traballo de Eloy, nos queremos facer incapié na forza que ten a proxección das imaxenes do apartado dedicado aos nenos, reflexando, na nosa opinión, e sin ser críticos de arte fotógrafico, a inxenuidade, a naturalidade e hospitalidade de ese povo, tan descoñocido e lexano para nos, entre outras moitas impresións que poderiamos descrebir.

Saímos cheos de ledicia e impresionados por todos os sentimentos que foi capaz de trasmitirnos Eloy taboada, asi como de trasportarnos ao longo do acto ao Éufrates; emotividades que ainda nos acompañan, por exemplo ao recordar ver a expedición desenterrar pezas de ceramica milenarias.