HOMENAXEADO O ESCRITOR RAMIRO FONTE NO TEATRO JOFRE DE FERROL























Onte, as 8:30 da tarde, no Teatro Jofre de Ferrol, representouse o homenaxe organizado para Ramiro Fonte, que como sabedes, entre outras cousas no seu haber era escritor, crítico, poeta, eo Presidente do Instituto Cervantes na cercana e querida Lisboa.

Naceu en Pontedeume, e sempre se sentiu fortemente ligado a súa terra. Ca súa pérdeda o mundo da cultura, das letras, deixa de dispoñer unha pluma inrreplazable; e ademais con el foronse as futuras obras que tiña por crear; ainda asi o legado que nos deixa e inmensamente rico, profundo, polo que estou seguro que non solo seguirá a receber outros homenaxes, premios póstumos, senón que tamén iranse reeditando as súas obras (algunhas delas esgotadas), iranse escribindo novas sobre a súa persoa, traxectoria e legado (ben por persoas nóvels ou consolidas no munda das letras), como asi quero creer que terá algún día un lugar no Día das letras Galegas.

O acto contou con unha importante afluencia de xente, entre ela a da súa propia familia portando rosas,(Ainda que non foi posible a asistencia da súa esposa por estar ausente de Galiza), que emotivouse moito co mesmo, e foi dunha forza e sentimento necesario e sincero.

Ademaís da representación musical pola Banda e o Coro, ben por separado ou xuntos, leéronse poemas do propio Ramiro Fonte, xunto cunha carta aberta, chea de emotividade, do seu querido e leal amigo o ex-ministro de cultura Don César Antonio Molina.

Cabe destacar que todo o tempo o escenario contou cunha proxección dunha foto de Ramiro Fonte, ubicado no propio Pontedeume.

Teño que mencionar que o homenaxe contou cunha figura sorpresa do ámbito da cultura Mindoniense, tamén moi ligada pola a irmandade a Ferrol, mesmo por formar parte da inegable comarcar da galiza do norte: O Mago Merlín. Dita figura coñecida por todos os ferrolán, os mindonense e xentes do amplo mundo, e unha figura moi ligada ao legado do propio Cunqueiro, e como non, a obra do Ilustrisimo Ramón Loureiro, pluma indiscutible da comarca e allén, pluma chea de recoñecementos pola cálidade da súa obra, quen tamén asistiu ao homenaxe, sendo un amigo leal de Ramiro Fonte, dunha forma humilde, entrañable, e discreta.

Acabarei decindo que Ramiro Fonte non soio se merece este e outros homenaxes máis, senón que merece de todos nos, galegos ou non, todo o respeto e recoñecemento que se ganou na súa vida ao longo da tan extensa actividade persoal ca cultura. E cabe decir que sigue vivo na sua obra e tamén en todos nós.