O ESCRITOR CLAUDIO RODRIGUEZ FER FALA SOBRE A FIGURA DE VALENTE NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE FERROL





Onte, xoves, 21 de Maio, na Biblioteca Municipal de Ferrol, coma xa os tiñamos informados, estivo Claudio Rodriguez Fer impartindo unha nova charla-coloquio, dentro do programa do grupo de Lectores que reúnense habitualmente os Luns.

Claudio, acudio, unha vez máis, acompañado da súa encantadora muller, e con o seu bon talante e amistosidade falounos da vida e obra de José Ángel Valente.




Foi unha delicia escoitar a Claudio, durante mais de unha hora, falar de Valente, sabendo ademaís que foi seu amigo íntimo ata a súa morte, e o destinatario a ser o secretario da Cátedra José Ángel Valente na Universidade de Santiago de Compostela, pola cesión que o propio Valente fixo en vida, pouco antes da súa morte, e de maneira totalmente gratuita a Universidade de Compostela.

Valente que tiña un amor fraternal polo seu amigo Claudio, ademáis de unha profunda confianza, sabía que depositaba toda a súa biblioteca e legado cultural en boas mans.

Claudio falounos de Valente como o home terrenal, da súa vida particular, o que como é sabido iso leva a reflexar na súa obra as propias experiencias; todo ese enfoque que nos fae Claudio na charla e na póstuma tertulia, facendonos confidencias, falandonos dos pequenos e grandes intres da vida de Valente foi unha forma moi adecuada de adentrarnos na vida de Valente e comprender ou entender a súa obra, principalmente a poética que foi na que se centrou a charla-tertulia de Claudio.

Deixamos aqui unha pequena relación da obra de Valente en Poesía, lista e redacción que copiamos da páxina da Cátedra de José Ángel Valente de Compostela. Asi os que desexen leer algunha das obras poeticas de Valente terán unha das mellores referencias para a compra dos seus libros.




Poesía

A modo de esperanza, Madrid, Rialp, 1955.

Poemas a Lázaro, Madrid, Indice, 1960.

La memoria y los signos, Madrid, Revista de Occidente, 1966.

Siete representaciones, Barcelona, El Bardo, 1967.

Breve son, Barcelona, El Bardo, 1968.

Presentación y memorial para un monumento, Madrid, Poesía para Todos, 1970

El inocente, México, Joaquín Mortiz, 1970.

Interior con figuras, Barcelona, Barral, 1976.

Material memoria, Barcelona, La Gaya Ciencia, 1979.

Tres lecciones de tinieblas, Barcelona, La Gaya Ciencia, 1980.

Sete cántigas de alén, presentación de Xesús Alonso Montero, Sada - A Coruña, do Castro, 1981.

Mandorla, Madrid, Cátedra, 1982.

El fulgor, Madrid, Cátedra, 1984.

Al dios del lugar, Barcelona, Tusquets, 1989.

Cántigas de alén, estudo preliminar de Claudio Rodríguez Fer e tradución ao castelán de César
Antonio Molina, Barcelona, Llibres del Mall, 1987.

Cántigas de alén, estudo preliminar de Claudio Rodríguez Fer e tradución ao castelán de César
Antonio Molina, Barcelona, Ambit, 1989.

Treinta y siete fragmentos, prólogo de Antonio Domínguez Rey, Barcelona, Ambit, 1989.

No amanece el cantor, Barcelona, Tusquets, 1992.

Nadie, Teguise, Tenerife, Fundación César Manrique, 1996.

Fragmentos de un libro futuro, Barcelona, Círculo de Lectores / Galaxia Gutenberg, 2000.