XOSÉ MANOEL BUDIÑO NO PAZO DA CULTURA DE NARÓN


PAZO DA CULTURA DE NARÓN

XOSÉ MANUEL BUDIÑO

CONCIERTO


Acudimos ao concerto do gaiteiro Xosé Manoel Budiño, que actúou o sábado no Pazo da Cultura de Narón, as oito da tarde, presentando seu derradeiro traballo “Home”, un traballo que xurdeu de os seus diferentes viaxes pola xira que fixo, polo mundo enteiro, creando así un traballo cheo de vitalidade, onde as melodias e a súa música (inspirada na música tradicional) colle as influencias das experiencias do artista facendo mesturas que intentan facer un proxecto no que a tradición se converta en futuro.

Este traballo, reflexado no concerto, conta coa colaboración de grandes artistas como Xoel López, Mercedes Peón , Kepa Junquera, Antón Reixa ou o compositor de Jazz Paco Charlin.

Galardonado co premio ao Mellor Disco do Ano na sésitma edición do Premio Opinión de Música Folk Galega.

O concerto crea música, baile, e vidocreacións que fan del un espectáculo de Vangarda das novas creacións na música e concertos de derradeira xeneración galega.