NEDA: O DÍA GRANDE DO PAN


CONCELLO DE NEDA

FESTA DO PAN


O Concello de Neda celebrou hoxe o día grande do Pan.

A festa do Pan é unha das festas do verán máis esperadas e de máis asistencia da comarca, comezando as dez da mañán coa abertura dos postos de pan e doces feitos artesanalmente nas fornadas, asi como os postos de artesanía e tamén de outros productos da feira.

No paseo de Xuvia, preto do albergue de peregrinos fíxose a festa, contando cun escenario para a música, amenizada a festa por distintos cantantes e incluso un mariachi, asi como sendo o espacio dende que a unha e media celebrouse o Pregón contando coa presencia do Alcalde de Neda, a Concelleira de Cultura, e do pregoneiro deste ano: o escritor, xornalista, fotógrafo, comentarista Ramón Loureiro.

A comida comezou a unha sendo o prato dos productos típicos da terra como son a empanada, o churrasco, o chorizo criollo, pan por suposto, doces e auga e viño do lugar.

As 18 horas celebrouse o tradicional competición de tiro de corda e un obradoiro de pan para nenos pechando así a edición deste ano, celebrándose unha vez máis o máis preciado desta vila ao que se dedican os seus artesáns dende o século XVIII, cando abastecian tanto o arsenal como as fábricas.

Os deixamos algunhas fotos do evento e un fragmento do texto do pregón feito polo nombrado, e afamado Ramón Loureiro, cedido para compartir aquí no blogue:



Habitamos unha cultura do pan. É certo que a nosa identidade se asenta sobre tres columnas fundamentais: o Cristianismo, que nos ensina que todos somos irmáns; o dereito de Roma, que nos di que todo reo é inocente mentres non se demostre o contrario (in dubida, pro reo...); e o pensamento de Grecia, co que aceptamos que nunca chegamos a comprender por completo a realidade, porque todo canto vemos son sombras. Pero tan certo coma isom é que o que nós somos, fronte á historia, dificilmente se entendería sen o pan que compartimos; sen o que nos converte nun verdadeiro pobo.

Lembro con nostalxia o tempo no que nos dicían que tirar o pan era pecado. Porque, a día de hoxe, eu aínda sigo crendo que é así. O pan, polo que significa, merece sempre a nosa veneración.

Sinto por Neda un afecto inmenso. E agora, conforme o tempo pasa, decátome de que non escribín nin un só libro no que algo de Neda, ou de todo o que Neda significa, non estea ben presente. Eu son de Santa Mariña de Sillobre, e todos os de Sillobre somos parentes dos de Neda. Sobre todo, pola parte do río Belelle, da Fraga da Fervenza e das vellas mámoas dos altos de Marraxón, monte irmán do cumio de Ancos.

Entre os meus primeiros recordos, entre os recordos máis queridos, sempre está o sabor quente do pan. Daquel pan que facían Meu Padirño Ramón e Miña Madriña Carmen, aos que lles dediquei, respectivamente, As Galeras de Normandía e O Corazón Portugués. A Miña Madriña Carmen, recordando que ela me contou, entre tantas outras cousas, de onde veñen as nubes e o vento. E ao Meu Padriño Ramón, recordando que el sabía os camiños todos, e que tiña un cabalo rubio coas crinas trenzadas.