CELEBRACIÓN DAS VODAS DE OURO DO CARDEAL ROUCO VARELA EN MONDOÑEDO



AS VODAS DE OURO DO CARDEAL ROUCO VARELA

Mondoñedo



En Mondoñedo, coma non podía ser de outra forma, o día 7 de Agosto, celébraronse as Vodas de Ouro do Cardenal Rouco Varela, Presidente da Conferencia Episcopal; Rouco e o Preado galego e Español de máis próxima ascendencia ao Papa Benedicto XVI, asi como ao mesmo Vaticano, dende a súa posición máis cercana ao pobo Español, e dende a nunca deixada actividade vínculada frente a diócesi como un dos Cardenales de maior influencia na Iglesia.

Acompañado permanentemente do seu sobriño Monseñor Carrasco Rouco, o Obispo de Mondoñedo-Ferrol, Manuel Sánchez Monge, ademaís de moitos canónigos eo Vicario Xeral da Diócesi de Mondoñedo Antonio Rodríguez Basanta; e envolto co feliz tañido da lexendaria campá Paula, dirixíuse a Catedral de Mondoñedo, con todo o seu bon e persoal humor ( Ainda que non o parezca ao velo nos medios de comunicación, coa súa seriedade, acertos e erros), a experiencia de cincoenta anos de ordenación, e a felicidade de celebrar a os seus setenta e catro anos as Vodas de ouro cún programa da misa moi especial, xunto a moitismos dos seus compañeiros, familiares e amigos.

Aquí lles deixamos o programa da misa para que podan ter unha mínima constancia (E lembranza) da mesma os que non asistiron a un dos acontecementos Católicos máis importantes da historia actual da Iglesia, e de Mondoñedo.

Tras a ceremonia na Catedral, o Cardenal, acompañado de moitos dos menbros da súa familia, coma súa irmá, trasladouse ao Real Seminario de Santa Catalina, para conversar, lembrar a súa nenez e xuventude, o seu gusto polo fútbol, polos himnos dos campamentos, os libros, os anos de estudio, o tempo de seminarista, as súas clases entre Mondoñedo e Salamanca… emocionado (cousa que rara vez véselle mostrar en público os seus sentimentos íntimos) escoitou como lle cantaron unha canción escrita en exproceso para el mesmo e a ocasíón:

…En este Seminario
Empezaches a carreira
Correndo polos pasillos
Apendiches a Biblia enteira

Cumpreanos feliz
Cumpreanos feliz
Cincuenta anos de cura
De Mondoñedo a Madrid….

Imaxinamos que, como é costume no Cardenal, acabaría o día, descansando, na casa familiar da súa Vilalba natal, a poucos metros da imponente Torre que entretexida ca Terra Chá lembra outros tempos, e outras historias, que xa non lle pertenece contar nesta nota informativa Ao Carón da Lareira.