Mostrando entradas con la etiqueta presentación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta presentación. Mostrar todas las entradas

FEIRA DO LIBRO DE VIVEIRO



VIVEIRO

FESTAS PATRONAIS

FEIRA DO LIBRO



Ramón Loureiro, Gonzalo Pernas, Moncho Pernas y Tucho Calvo, presentaron na Vila de Viveiro, na Feira do Libro, as 9 da noite, coincidindo coas Festas Patronais de Viveiro, o Libro “Principes de Bretaña, Peregrinos de Compostela”.

O libro e un conto, para adultos e nenos, xentes de todas a edades e gustos, que trata sobre a profundidade do Camiño de Compostela e o seu significado dende a antiguedade; ilustrado por Gonzalo Pernas, de un estilo propio e personal, cun toque naïf, o seu texto narrativo está escrito por Ramón Loureiro, e o libro ven sendo editado por Biblos, nunha colección especial, creada polo seu editor Tucho Calvo.


A afluencia do público foi moi extensa, coa asistencia de moitas plumas e voces da cultura galega.










VIVEIRO: NA FERIA DO LIBRO PRESENTACIÓN DO LIBRO DE RAMÓN LOUREIRO



NA FEIRA DO LIBRO DE VIVEIRO RAMÓN LOUREIRO
PRESENTA SEU LIBRO
"PRINCIPES DE BRETAÑA, ESTRELAS DE COMPOSTELA"





En Viveiro, o Xoves, as nove da noite, Ramón Loureiro, xunto coa participación de Moncho Pernas e Gonzalo Pernas presentará o seu derradeiro libro "Principes de Bretaña, Estrelas de Compostela".

O libro e un conto para adultos e nenos, ilustrado polo xoven e prometedor Gonzalo Pernas, onde as ilustracións con un certo estilo naif e moi persoal, narra unha pequena historia para divertirnos e facernos reflexionar e pensar na historia do peregrinaxe Compostelán.

Editado por Biblos Clube de lectura, o editor do libro e o escritor Tucho Calvo. A edición, moi cuidada e de boa calidade fae que o libro sexa especialmente suxerente e apetecible de compralo e telo, non soio pola súa propia historia, texto e ilustarción, senon tamén polo importante menxase das letras na súa creación.

.

"POSTALES DE HUMO" DO POETA JUAN CARLOS VALLE "KARLOTTI" FOI PRESENTADO NO AUDITORIO DO CARBALLO CALERO


Onte, no Carballo Calero de Ferrol, as oito da tarde, foi presentado o libro de poesía "Postales de Humo" de Juan Carlos Valle, máis coñecido por "Karlotti".




O libro editado pola Asociación Cultural Fuco Buxán, foi presentado co respaldo da mesma asociación, facéndose un elocuente recital poético de algúns dos poemas do libro.

Con moita afluencia de xente, tanto da asociación, como do mundo cultural e público ferrolano, temos que reseñar que poucas veces asistimos a unha presentación tan animosa, e ademaís a unha mostra de recitaxe tan fermosa.

Karlotti xa había publicado con anterioridade outro libro poético: "Todos los jueves salvo la luna", ainda que o autor en nome das súas propias palabras non é moi aficionado ás publicacións, e como el mesmo dice escribe poemas, non libros.

Desta vez foi a propia Asociación Cultural Fuco Buxán quen animou a publicación do libro.


Deixamos postas unhas fotos do público e da presentación do acto.








O LIBRO "PRINCIPES DE BRETAÑA, ESTRELAS DE COMPOSTELA" FOI PRESENTADO NO CONCELLO DE MONDOÑEDO



O Ilustre D. Ramón Loureiro presentou o pasado mércores, día dez, as sete da tarde no salón de plenos do Concello de Mondoñedo o seu derradeiro libro"Principes de Bretaña, Estrelas de Compostela".

O libro editado por Biblos está ilustrado por Gonzalo Pernas, fillo do escritor viveirense e director do Ámbito Cultural do Corte Ingles, Ramón Pernas.

Ainda que aparentemente pode parecer un libro pensado e editado para os nenos, tamén e un conto, unha lembranza, de unha profundidade e reflexión importante para os adultos, polo que a pesar da súa recente edición está tendo unha magnifica acollida entre o público adulto, e os lectores habituais de Ramón Loureiro, autor por certo de obras tan importantes como Morgado, O corazón Portugués e a súa obra mestre editada en galego, e agora en castelán, e ademaís internacionalmente, As galeras de Normandía.


No acto estivo presente o director literario de Biblos, Tucho Calvo; o Alcalde de Mondoñedo D. Orlando González, outros membros da corporación mindoniense, e como ponente da presentación a asistencia especial Dña. Esperanza Piñeiro de San Miguel, importantisima e prólifera escritora de Ferrol, xunto co seu marido Andrés Gómez.





Entre os asistentes contouse coa presencia de importantes figuras do mundo literario, a figura do Mago Merlín, así como membros do movemento cultural Ao carón da lareira, persoas desplazadas de Ferrol e tamén da cidade de Lugo, ademaís dos propios mindonienses que acudiron ao acto.

Ramón Loureiro falóunos agarimosas verbas de como o libro rinde culto e homenaxe ao mundo das peregrinacións, aos camiños que conducen a Compostela, ao Apostol, e a esa Galiza do Norte que inclue a San Andrés de Teixido, a Ferrrol, e tamén os territorios vitales do mundo imaxinario e literario do autor.




RAMÓN LOUREIRO PRESENTARÁ NO CONCELLO DE MONDOÑEDO " PRINCIPES DE BRETAÑA, ESTRELAS DE COMPOSTELA"






O Salón de Sesións da Casa do Concello de Mondoñedo será escenario o mércores, día 10 de xuño, ás 19.00 horas, do acto de presentación do libro Príncipes de Bretaña, Estrelas de Compostela, editado por Biblos.

Trátase do último libro do escritor, xornalista e académico numerario da Real e Pontificia Academia de San Rosendo Ramón Loureiro, autor de títulos como As galeras de Normandía, novela calificada de obra maestra por voces da talla da de Miguel García-Posada, o presidente da Asociación de Críticos Literarios de España, e distribuida polo grupo Edaf (na súa tradución ao castelán, feita polo propio Loureiro) tanto en España como Latinoamérica.

Príncipes de Bretaña, Estrelas de Compostela, é un libro ilustrado polo debuxante Gonzalo Pernas, no que está presente Mondoñedo, cidade sempre moi vencellada ao imaxinario de Ramón Loureiro tanto por lazos persoais –á súa catedral e ao seu seminario a familia paterna do escritor está unida desde hai séculos- como literarios.

Trátase dun conto tanto para nenos como para adultos, no que ás portas dun novo Ano Santo Ramón Loureiro rende homenaxe ao mundo das peregrinacións, e no que Mondoñedo está presente como enclave especialmente significativo no Camiño do Norte, no que conduce a Compostela despois de pasar, entre outros lugares, pola Corte Real de Oviedo.

Na práctica totalidade dos libros de Ramón Loureiro (As novelas O corazón portugués e As galeras de Normandía, os relatos O peixe de pedra (ilustrado por Xaquín Marín), A oca de Leonardo (ilustrado tamén por Marín) e agora Príncipes de Bretaña, Estrelas de Compostela (ilustrado por Gonzalo Pernas) Mondoñedo está presente.

O acto do mércores estará presidido por Don Orlando González, señor alcalde da Moi Nobre e Leal Cidade de Mondoñedo.

A orde das intervencións será a seguinte:

Don Tucho Calvo, director literario de Biblios

Doña Esperanza Piñeiro de San Miguel, historiadora e experta na obra de Ramón Loureiro

Excelentísimo Señor Don Ramón Loureiro, da Real e Pontificia Academia de San Rosendo, autor de Príncipes de Bretaña, Estrelas de Compostela.

Don Orlando González, alcalde de Mondoñedo.

RAMÓN LOUREIRO E GONZALO PERNAS PRESENTAN NO ÁMBITO CULTURAL DA CORUÑA "PRINCIPES DE BRETAÑA, ESTRELAS DE COMPOSTELA"


No Ámbito Cultural do Corte Ingles, as 20:00h do día 29 de Maio, presentouse en primicia o derradeiro libro de D. Ramón Loureiro, escritor, Fotógrafo, xornalista, conferenciante, e unha persoa de ánimo afable.



Ramón Loureiro apostou unha vez máis por escribir un libro ilustrado, nesta ocasión polo novel e sorprendente Gonzalo Pernas.

O título do libro e "Principes de Bretaña, estrelas de Compostela" sendo un libro que ten dous mensaxes, un mediantes as ilustracións, que por si mesmas xa narran unha historia, e outro mensaxe polo texto. Tamén hay que decir que o libro va dirixido a dous tipos de público: os nenos e os adultos.










A presentación contou ca presencia de Tucho Calvo, editor do libro pola editorial Biblos, e con Ramón Pernas, tamén escritor e oportunamente o receptor do Premio Letras de Bretaña, esa mesma mañá.





Para Ramón pernas foi unha doble ledicia a edición e presentación deste libro ese día. pois por unha parte é amigo íntimo de Ramón Loureiro e pola outra é o pai de Gonzalo Pernas.

A asitencia ao acto foi moi íntima e preta a os autores, creandose así unha enerxía e un espacio de comunicación moi persoal.

O ESCRITOR JORGE LLORCA PRESENTA "O SALTO DO CAN" NA GALERIA SARGADELOS DE FERROL


<

Hoxe na Galería Sargadelos de Ferrol as 20:00h. foi a presentación do libro " Ó salto do can" do autor Jorge LLorca, publicado por Xerais.



A presentación correo ao cargo de Manolo Bragado, director de Edicións Xerais, e tamén do recoñecido escritor Xavier P. Docampo.


Xavier P. Docampo fixo unha disertación sobre o libro amena e co seu bon humor caracteristico, percorrendo os dez capitulos do libro cunha mirada profunda e culta.



A asistencia foi moi numeraria, coa presencia de moitos coñecidos do Pintor e agora tamén escritor Jorge LLorca.

RAMÓN LOUREIRO PRESENTARÁ PRINCIPES DE BRETAÑA, ESTRELAS DE COMPOSTELA NO ÁMBITO CULTURAL DO CORTE INGLES NA CORUÑA





El internacionalmente xa reconocido escritor Ramón Loureiro, xunto co ilustrador Gonzalo Pernas, fixeron en conxunto o libro que leba por título "Príncipes de Bretaña, Estrelas de Compostela".

A presentación do mesmo será o día 29 de maio, as 20:00h. na segunda planta, na sala de Ámbito Cultural, do Corte Inglés da Coruña, dentro do seu programa cultural.


Na presentación do libro, publicado pola Editorial Biblos, estarán como presentadores Tucho Calvo, director da editorial, e Ramón Pernas.

Adiantamoslles a portada do libro: